xoves, 11 de xaneiro de 2024

Murais de aulas/niveis "FELICITA EN GALEGO 2023"

     Aquí vos deixamos as fotos dos murais elaborados coas postais do concurso FELICITA EN GALEGO.

     Esperamos que sexan do voso agrado.



POSTAIS GAÑADORAS DO CONCURSO "FELICITA EN GALEGO 2023"

     Aquí vos deixamos un gif co mural elaborado coas postais gañadoras do curso do centro "FELICITA EN GALEGO".


     Moitas grazas a todos e todas por participar e BO NADAL e VENTUROSO ANO 2024.

martes, 14 de novembro de 2023

EXPOSICIÓN OUTONO/SAMAÍN 2023

Aquí vos deixamos as fotos da exposición cos minimundos creados con elementos do Outono. Darlles as GRAZAS ás familias pola súa colaboración e felicitalos pola creatividade nas creacións. Podedes acceder á galería de fotos premendo na fotomontaxe. Esperamos que sexa do voso agrado.

luns, 30 de outubro de 2023

"NO SAMAÍN" de Paco Nogueiras

     Aquí vos deixamos unha canción co seu vídeo musical para cantar e cantar neste Samaín.

     A canción titúlase "No Samaín" e o seu autor é Paco Nogueiras que a publicou no seu albúm "Brinca Vai".

     Esperamos que sexa do voso agrado e que pasedes un "terrorífico" Samaín".

 

xoves, 22 de xuño de 2023

ENTREGA PREMIOS "X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA"

     Aquí vos deixamos unha fotomontaxe coas imaxes do acto de entrega de premios do X Concurso de fotografía "A vexetación en galicia".

     Todos os/as participantes do concurso recibiron un pequeno agasallo e os gañadores e gañadoras, un por nivel educativo, o seu merecido premio.

     Moitas grazas a todos e todas por participar.

XORNAL ESCOLAR "A BUXAINA 2023"

     Xa está aquí o XORNAL ESCOLAR deste curso escolar 2023. Esperamos que se do voso agrado.


 

 

xoves, 15 de xuño de 2023

VÍDEO BIOGRAFÍA DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO / LETRAS GALEGAS 2023.

     Aquí vos deixamos unha vídeo biografía de Francisco Fernández Del Riego elaborada polo colexio San Pío X de Ourense.


         FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023!!!!!!